Co gallo da celebración do primeiro Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial, o 17 de outubro recuperamos o itinerario sonoro Son[Em]peza, unha proposta deseñada e conducida polo DEAC para camiñar polas salas do Museo, a colección e o arquivo, co eixo condutor dos sons, formas do noso patrimonio inmaterial baseadas na oralidade e na música que teñen un poder único para provocar emocións, unir ás persoas, crear conexións profundas e transmitir a nosa identidade.
Unha oportunidade para reflexionar sobre as prácticas, os bens culturais e o proceso de transmisión para que o patrimonio resoe no presente.
Duración da actividade: de 19 a 20:30 horas.
Actividade para público adulto.
Inscricións: até o día 16, enviando un correo a servizosdeac@museodopobo.gal ou no teléfono 981583620 (de martes a vernes de 9 a 15 h).
Prezo:
- Entrada ordinaria do Museo (5€)
- Entrada reducida (2€) para estudantes maiores de 18 anos e persoas maiores de 65 anos.
- De balde para persoas socias e desempregadas.