“O SEG é a nosa casa”, coa compañía teatral Os Quinquilláns

Submitted by xestor on Thu, 10/19/2023 - 21:59
03
Nov
2023
“O SEG é a nosa casa”, coa compañía teatral Os Quinquilláns
Imaxe
O SEG e a nosa casa

A programación do Museo conmemorativa do centenario do Seminario de Estudos Galegos en paralelo á intervención sobre a exposición permanente “O futuro dun legado. O museo de Galicia” inclúe unha representación teatral da man da compañía Os Quinquilláns, especializada en divulgar, coas súas representacións, anacos da nosa historia.

“O SEG é a nosa casa”, interpretada por Tero Rodríguez e Lucho Penabade, percorre a vida e obra das mulleres e homes do SEG que nos legaron, entre outras moitas cousas, a idea dun Museo do noso.

A cita, no Auditorio do Museo, será o venres 3 de novembro, ás 20 horas, e as entradas xa están á venda en Vivetix Museo do Pobo GalegoAbre en nova pestana, cun prezo de 6 euros para público xeral e 3 euros para socias e socios do Museo.