O espírito do Seminario en Compostela
O mércores, 28 de xuño, ás 19 horas, celebraremos o faladoiro O espírito do Seminario en Compostela. Unha conversa na que participarán Uxío-Breogán Diéguez, Xosé Ramón Fandiño, Encarna Otero e Xosé Manuel González Reboredo.
O acto enmárcase na programación con motivo do centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos.