Sen esmorgas, folións nin comparsas o #Entroido deste ano vai ser moi diferente. Co desexo de que escampe, no Museo do Pobo Galego recollemos o carácter catártico desta festa e, mentres nos coidamos, imos celebrar unha nova edición de Máscaras Tradicionais de Entroido. Este ano entroidamos en dixital nun percorrido que irá de Podence (Trás-Os-Montes, Portugal) a Toén (Ourense) pasando por Riofrío de Aliste (Zamora), compartindo o espírito resistente e creativo de Caretos, Labardeiros e Carochos. Será os días 11, 12 e 16 de febreiro ás 19.00 na nosa canle de YouTube: ◾ DÍA 11 – Caretos de Podence coa Associação Grupo de Caretos de Podence. ◾ DÍA 12 – Carochos de Riofrio de Aliste coa Asociación cultural Amanecer de Aliste e o Museo dos Carochos. ◾ DÍA 16 (martes de Entroido) – Labardeiros de Mugares coa Asociación de Mulleres Rurais Amencer de Toén. Proximamente daremos instruccións para acceder a estas xornadas.