A Fundación L. Monteagudo presenta Prehistoria del N. W. de España: Galicia en Ptolomeo, a publicación sobre a tese de doutoramento de Luis Monteagudo García, defendida en 1949 e centrada na descrición da antiga Galicia na Xeografía de Ptolomeo. O traballo propón unha revisión das coordenadas do xeógrafo grecoexipcio para adaptalas á realidade xeográfica galega, nunha investigación que combina o estudo dos manuscritos coa análise da toponimia.
A publicación recupera o texto académico orixinal, transcrito e reproducido en facsímile, e incorpora tamén vinte traballos relacionados coa tese e coa toponimia galega, ámbito ao que Monteagudo dedicou boa parte da súa traxectoria investigadora. A presentación, coordinada polo profesor Juan Manuel Abascal Palazón, terá lugar o 12 de novembro ás 19:00 h, na sala de actividades da Ala Sur do Museo do Pobo Galego.
As persoas asistentes recibirán un exemplar da publicación.