A Oficina de Socias e Socios do Museo do Pobo Galego organiza un magosto o sábado, 21 de novembro, desde as 16:30 ata as 19:30 horas.
A xornada será de balde e aberta a todas as persoas que queiran participar, sexan ou non socias do Museo. Haberá castañas asadas, boliños recheos e xogos infantís para gozar dunha tarde de encontro arredor desta tradición.