Visita guiada á exposición "Rafael Baltar. Testemuña dun tempo"
O pasado sábado 12 de setembro a Oficina de Socias e Socios do Museo organizou unha visita guiada á exposición temporal “Rafael Baltar. Testemuña dun tempo”.
A visita foi levada por Paula Franjo Calvo e Sandra González Álvarez, comisarias da exposición, e foi unha oportunidade única para entender ao detalle a mostra antes de que rematase o 27 de setembro.
A actividade foi de balde e participaron unhas 15 persoas.



