Última homenaxe a Xosé Manuel Beiras no Museo do Pobo

Última homenaxe a Xosé Manuel Beiras no Museo do Pobo
Imaxe
Pasamento Xose Manuel Beiras
Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2026.- 

Desde o Museo do Pobo Galego lamentamos fondamente o falecemento de Xosé Manuel Beiras Torrado (Santiago de Compostela 1936 – Brión 2026), membro do Padroado do Museo do Pobo Galego, figura relevante da política galega contemporánea e referente histórico do nacionalismo.

Fundador e líder do Partido Socialista Galego (PSG), do Bloque Nacionalista Galego (BNG) e de Anova Irmandade Nacionalista (Anova), no eido profesional estivo ademais á fronte da cátedra de Estrutura Económica da Facultade de Ciencias Económicas na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de diversas obras ensaísticas e tradutor, dirixiu tamén a colección Alén-Nós da Editorial Galaxia e participou na constitución da Editorial Laiovento en 1990.

Queremos trasladar o noso cariño e pesar á súa familia, amizades e persoas achegadas.

Todas aquelas persoas que desexen renderlle homenaxe, poderán facelo na sala que habilitaremos ao respecto desde mañá venres, día 9 de outubro, ás 12:00 horas. Posteriormente, ás 16:00 horas do venres, celebrarase tamén no Museo o acto público de homenaxe aberto á cidadanía.