Xornadas "Xénero, produción e coidados a través da perspectiva transhistórica"

Submitted by xestor on Wed, 09/30/2026 - 13:39
15
Oct
2026
Xornadas "Xénero, produción e coidados a través da perspectiva transhistórica"
Imaxe
Xornadas "Xénero, produción e coidados a través da perspectiva transhistórica"

O xoves 15 e mailo venres, 16 de outubro, terá lugar no Museo do Pobo Galego as xornadas Xénero, produción e coidados a través da perspectiva transhistórica. O proxecto Coidarq organiza estas xornadas que procuran un espazo para pensar os coidados dende unha perspectiva ampla, crítica e transhistórica. Abordaranse temas como a organización das tarefas, os vínculos, os corpos, os territorios e as memorias que sosteñen a vida en distintos contextos históricos e sociais.
 
As xornadas abrirán cunha conferencia de Margarita Fernández Mier, referente en historia agraria e no estudo das comunidades rurais, mentres que o peche estará a cargo de Stefania Barca, especialista en historia ambiental, ecoloxía política e estudos feministas. Entre outras actividades, o programa inclúe unha visita guiada polo Museo. 

PROGRAMA

15 de outubro

15:00. - Inauguración
15:15. - Conferencia inaugural: A Historia Agraria como ferramenta para dar voz aos grupos invisibilizados na Historia, por Margarita Fernández Mier.
15:45. - Descanso
16:00. - Bloque 1: COIDAR AS RAÍCES: (RE)PRODUCIÓN NO MEDIEVO

16 de outubro

11:00. - Bloque 2: COIDAR A MEMORIA: PATRIMONIO CON PERSPECTIVA DE XÉNERO
11:50. - Mesa redonda
12:30. - Visita guiada ao Museo do Pobo Galego
15:00. - Bloque 3: COIDAR O RURAL: RESISTENCIA E COMUNIDADE TRALA MODERNIDADE
15:50. - Mesa redonda
16:30. - Descanso
16:50. - Conferencia de peche: Xénero, natureza e poder: entre teoría e historiografía, por Stefania Barca.
17:30. 
- Roteiro: A (des)memoria histórica da axencia das mulleres na Compostela actual, por Miguel García Fernández. Saída desde o Museo do Pobo Galego.

Máis información e inscricións, aquí.