V Xornada de Estudo Clara Corbelhe

Submitted by xestor on Wed, 09/30/2026 - 13:19
03
Oct
2026
Tipo evento
O Museo acolle
V Xornada de Estudo Clara Corbelhe
Imaxe
V Xornada de Estudo Clara Corbelhe

O Museo do Pobo Galego acolle o vindeiro sábado, 3 de outubro, a V Xornada de Estudo do Instituto Clara Corbelhe de Estudos Críticos Galegos, baixo o título Legados e limites da teoria crítica: rumo a uns estudos emancipatórios galegos
 
A  actividade propón un debate colectivo desde o legado da Teoría Crítica sobre o que significa hoxe pensar desde Galicia para transformar o presente e cales deben de ser os espazos e medios para facelo.

PROGRAMA

10:00.- Benvida: Da Aufhebung da teoria crítica à construçom de uns estudos emancipatórios galegos, por Manuela Nores.
10:30.- Conferencia inaugural: Racismo, xenofobia, novos autoritarismos: de Adorno a Lacan, por Francisco Conde Soto.
12:00.- Pausa para café.
12:30.- Sesión 1: Declinações contemporâneas da teoria crítica, con Rebeca Baceiredo e Antón L. Yanguas. Modera Roberto Abuín.
14:00.- Pausa para o xantar.
15:30.- Sesión 2: Práxis e para-institucionalidade crítica na Galiza, con Carme Adán e Brais González Arribas. Modera Antom Santos.
17:00.- Pausa para café.
17:30.- Lectura guiada de Modernismo Marxista (Verso, 2026) de Gillian Rose, por Pablo Pesado.
 
Máis información e inscricións, aquí.