A 20ª edición do Premio Luís Ksado, convocado pola Deputación da Coruña, rendirá homenaxe ao fotógrafo histórico José Suárez, cuxa figura protagonizou o Día das Artes Galegas 2026. O acto de homenaxe terá lugar no Museo do Pobo Galego o xoves, 8 de outubro, ás 19 horas.
Intervirán Natividad González Rodríguez, deputada de cultura da Deputación da Coruña, Manuel Sendón e Xurxo Lobato.