Presentación do libro " O cineasta Carlos Velo e o Consello de Galiza en México" e proxección documental

Submitted by xestor on Wed, 09/09/2026 - 12:24
22
Sep
2026
Presentación do libro " O cineasta Carlos Velo e o Consello de Galiza en México" e proxección documental
Imaxe
Presentación do libro " O cineasta Carlos Velo e o Consello de Galiza en México"

O martes, 22 de setembro, ás 19:00 horas, o Museo do Pobo Galego acolle a presentación do libro O cineasta Carlos Velo e o Consello de Galiza en México, de Xosé Enrique Acuña Rodríguez e editada pola Fundación Carlos Velo. 

A presentación contará co presenza de Xosé Enrique Acuña, investigador que xa se responsabilizara do estudo e difusión de diversos aspectos da obra de Carlos Velo, e que asume tanto a edición como o estudo introdutorio desta publicación. Xunto del, participará a escritora Marga do Val que lembrará o papel de Lois Tobío como impulsor do Consello de Galiza e mais tamén de mulleres que no exilio mexicano se implicaron neste proxecto político, caso de Luísa Viqueira. 

A publicación que se presenta no Museo do Pobo Galego recolle de forma facsimilar a practica totalidade dos documentos orixinais que o cineasta Carlos Velo custodiou no seu papel como presidente-delegado do Consello de Galiza en México e que, até este momento, permanecían inéditos.

O cineasta galego asumira no seu exilio esta responsabilidade política desde 1964 e se responsabilizou durante anos desta institución representativa da legalidade estatutaria do pobo galego tanto ante a colectividade galega exiliada como ante diversos partidos e personalidades republicanas actuantes na capital mexicana.

Presentación dun documental inédito en Santiago de Compostela 

O acto compleméntase coa presentación no Museo do Pobo Galego o dun documental da directora mexicana Lucy Orozco realizado en 1985, Los nuestros. Carlos Velo, unha obra que incide na biografía de exilio do profesor, científico e cineasta galego.