Programa escolar para o curso 2026/27

Submitted by xestor on Tue, 09/01/2026 - 07:59
09
Sep
2026
Programa escolar para o curso 2026/27
Imaxe
Programa escolar para o curso 2026/27

Memoria Enreguéifate 2025-2026.pngComezamos un novo curso para nós moi especial, pois en 2027 o Museo do Pobo Galego está de 50 aniversario. Por iso, a partir de xaneiro, o Departamento de Educación e Acción Cultural ofrecerá actividades centradas en celebrar esta efeméride e a nosa cultura popular. Teremos actividades de narración oral e obradoiros para experimentar como se constrúe un Museo. Todo para convidar á comunidade escolar, como parte fundamental desta casa, a imaxinar e construír o Museo do Pobo dos próximos 50 anos.

Durante este primeiro trimestre tamén temos as portas abertas para as visitas escolares a través de obradoiros específicos, actividades de narración oral, xogos de descuberta ou itinerarios polas salas, para o cal se poden realizar as inscricións a través deste formulario.

Podedes consultar tamén en liña o programa escolar completo do DEAC para este curso 2026/2027.

Ademais da exposición permanente, contaremos con dúas exposicións temporais que poden resultar de especial interese para o ámbito educativo:

  • Transfronteiriza, en colaboración coa asociación cultural Raia Creativa e comisariada pola comunicadora, investigadora e creadora multidisciplinar Diana Gonçalves. Unha proposta arredor das relacións humanas, culturais e sociais que atravesan as fronteiras políticas, tomando como referencia o territorio marcado polo río Miño. 
  • O corpo errante. Exilio español 1939–1975, en colaboración coa UNED e comisariada polos profesores e antropólogos Jorge Moreno e Julián López, reconstrúe a experiencia do exilio republicano español a través de diferentes relatos, documentos e materiais expositivos. 

Para dúbidas e consultas, podedes escribir a servizosdeac@museodopobo.gal ou chamar ao 881976923.