Un ano máis, o Museo do Pobo Galego volve converterse nun dos escenarios do Festival Atlántica de narración oral. O martes, 30 de xuño, ás 19 horas, o Museo acolle a sesión inaugural do festival coa proposta Cando Santo André foi de romeiro a Santiago, coa participación das Caldupeiras de Porto do Cabo e Pepe Riola (Pepe dos Contos).
A actividade, dirixida a un público adulto e en galego, rematará cunha degustación de caldo. Entrada libre até completar a capacidade.
Máis información, na web do Festival Atlántica.