Presentación do documental: "A costa e os castelos", de Alejandro Gándara Porteiro

Submitted by xestor on Tue, 05/05/2026 - 13:55
27
May
2026
Presentación do documental: "A costa e os castelos", de Alejandro Gándara Porteiro
Imaxe
Presentación do documental: A costa e os castelos, de Alejandro Gándara Porteiro

mércores, 27 de maio, ás 19:00 horas, o Museo do Pobo Galego acolle a presentación da curta documental A costa e os castelos, de Alejandro Gándara Porteiro.

Unha viaxe pola memoria, a paisaxe e o patrimonio da Costa da Morte a través dos seus castelos, torres e pazos. O documental explora o pasado e o presente destes lugares para compoñer un relato que combina a investigación histórica cunha ollada curiosa, sensible e divertida cara a nosa relación co patrimonio.

A curtametraxe documental, premiada no III Certame Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia da Deputación da Coruña, está producida, escrita e dirixida por Alejandro Gándara Porteiro, que tamén asinou obras audiovisuais como Dorothé na vila (2020) e 360 curvas (2025). A fotografía do documental é obra de Manuel Lucas Mariño, voz en off de María Lado e música de Linho do Cuco. O deseño gráfico é de Agustina Shuan. 

Na presentación e posterior coloquio, que terá lugar na sala de actividades da Ala Sur do Museo, participarán Alejandro Gándara Porteiro e Manuel Lucas Mariño. 

A entrada é libre até completar capacidade.