Roteiro por terras de Ferrol para socias e socios do Museo

Submitted by xestor on Tue, 05/05/2026 - 13:15
30
May
2026
Roteiro por terras de Ferrol para socias e socios do Museo
Imaxe
Roteiro por terras de Ferrol para socias e socios do Museo

A Oficina de Socios e Socias do Museo do Pobo Galego organiza unha nova saída dirixida a persoas asociadas. Nesta ocasión, trátase dun roteiro polas terras de Ferrol, da man do profesor e doutor Francisco Rodríguez.
 
PROGRAMA

8:30 h. Saída desde Santiago de Compostela (Dársena do Colexio La Salle)
8:35 h. Saída desde a Rúa da Rosa.
9:45 h. Chegada a Ferrol.
10:30 h. Visita guiada á Museo da Construción Naval Fundación Exponav.
11:45 h. Visita ao Teatro Jofre.
12.15 h. Inicio do itinerario Ricardo Carvalho Calero, desde o Teatro Jofre até a Praza de Ferrol Vello, percorrendo lugares significativos na vida do escritor. Recitado e execución musical de poemas do escritor diante do que queda da súa casa natal.
13:30 h. Visita aos murais da Peceira no Casino Ferrolán, obra do pintor Felipe Bello Piñeiro. Percorrido polo Cantón.
14:30 h. Xantar na casa de comidas Alexo.
16:00 h. Saída cara Monteventoso. Ruta a pé até o cumio, desde o que se pode admirar unha vista panorámica do Golfo Ártabro.
17:30 h. Visita ao Castelo de San Felipe
19:00 h. Regreso a Ferrol e visita, de haber tempo, á Casa do Patín, Fonte Longa e o barrio de Esteiro. Ao remate, volta para Santiago de Compostela.

Máis información sobre as inscricións, proximamente.