XORNADAS DE OBSERVACIÓN DE AVES MIGRATORIAS E ANELAMENTO

Tipo nova
Socias e socios
XORNADAS DE OBSERVACIÓN DE AVES MIGRATORIAS E ANELAMENTO
Imaxe
""

O pasado 18 de marzo celebramos na sala de actividades da Ala Sur do Museo a primeira de dúas xornadas sobre migración e anelamento de aves. Consistiu nunha exposición teórica para unha mellor comprensión do fenómeno da migración e as técnicas para o seu estudo (fundamentalmente o anelamento). Esta sesión teórica foi impartida polos ornitólogos membros da Sociedade Galega de Historia Natural Xosé M. Penas Patiño, socio do Museo, e Agustín Alcalde Lorenzo.

 

 

O seguinte sábado, 21 de marzo, calzámonos as botas, collemos o prismático, e saímos facer o traballo da campo.

Quedamos en Bertamiráns e fomos camiñando polas chairas á beira do río ata o punto de anelamento, actividade que levaron a cabo os aneladores expertos Agustín Alcalde e Paco Docampo. Acompañáronnos tamén os ornitólogos José M. Penas Patiño e Agustín Alcalde Lorenzo, quen nos impartiran a xornada teórica.