Conversa: "A festa dos Maios e outras celebracións da época en Galicia"

Submitted by xestor on Tue, 03/31/2026 - 09:02
30
Apr
2026
Conversa: "A festa dos Maios e outras celebracións da época en Galicia"
Imaxe
Conversa A festa dos Maios

O xoves, 30 de abril, terá lugar no Museo do Pobo Galego esta conversa con Xosé Manuel González Reboredo e Clodio González Pérez para afondar nas festa dos Maios e outras celebracións da época en Galicia. 

En Galicia, como noutros pobos europeos, non se perdeu aínda o costume de festexar o cabo do inverno e o comezo do bo tempo e, á vez, a renacenza un ano máis da Natureza, que nos proporcionará alimento a nós e aos animais. Por iso, a maioría das manifestacións lúdicas e festivas que teñen lugar estes días están relacionadas coa fecundidade e a vexetación, como ocorre coa festa dos Maios, e, moito máis, coa do "alumar o pan", na que se mesturan o canto e a súplica. 

Nalgunhas non desapareceu de todo a lembranza das celebracións que se dedicaban ás divindades pagás protectoras dos campos e dos froitos. Mentres, outras foron cristianizadas, como ocorre coas festas de San Pedro Mártir e Santa Cruz, malia que este proceso sincrético non borrase de todo a súa orixe. 

Celebremos con ledicia estes días dedicados á Natureza, como fixeron os devanceiros e as devanceiras ao longo dos séculos. 

A actividade será ás 19:00 horas, con entrada gratuíta até completar capacidade.