Presentación do documental "Ramón Otero Pedrayo, dereito á paisaxe"

Submitted by xestor on Tue, 03/31/2026 - 08:53
16
Apr
2026
Presentación do documental "Ramón Otero Pedrayo, dereito á paisaxe"
Imaxe
Documental Otero Pedrayo

O xoves, 16 de abril, ás 19:00 horas,Fundación Otero Pedrayo e o Museo do Pobo Galego convidan á proxección do documental Ramón Otero Pedrayo, dereito á paisaxe. 

Un audiovisual dirixido por María José Bravo Bosch, catedrática da Universidade de Vigo, que aborda a conexión do escritor Ramón Otero Pedrayo co territorio galego e o desenvolvemento do que está considerada a primeira guía de Galicia. Unha obra fundamental para comprender a maneira en que o autor entendía a paisaxe como parte esencial da identidade.

A actividade, que terá lugar no Auditorio do Museo, con entrada libre até completar capacidade, enmárcase na programación desenvolvida con motivo do Ano Oteriano.