Petís a Voltas. Entroidanzas

Submitted by xestor on Wed, 03/25/2026 - 09:13
10
Apr
2026
Petís a Voltas. Entroidanzas
Imaxe
Petís a Voltas. Entroidanzas

O venres, 10 de abril, ás 18 horas, terá lugar a actividade Petís a Voltas. Entroidanzas no Museo do Pobo Galego.  O obradoiro, dirixido a crianzas de 5 a 11 anos acompañadas de persoas adultas, convida a bailar cos folións en Ourense, ser corcovados italianos, cruzar o mar e converternos en demos en Lima ou mover os paraugas do Frevo no Brasil. Xogos e risas acompañarán esta divertida entroidada en abril, no mes da danza, para achegarse en familia aos contidos da expoción temporal MASKS. Alas y Viento Collection. Nacho Rovira II, que o Museo acolle até finais de abril.


A actividade será conducida por Montserrat Rivera, bailadora, pandeireteira, mestra e investigadora que formou parte durante máis de tres décadas do grupo de cantareiras Leilía. Para inscribirse, é necesario enviar un correo electrónico a servizosdeac@museodopobo.gal

Descarga