O luns, 23 de febreiro, o Museo do Pobo Galego acolle parte das celebracións do Día de Rosalía organizadas pola Fundación Rosalía de Castro, nunha xornada que conmemora o nacemento desta figura fundamental para a literatura e a cultura galega. O acto institucional terá lugar ás 12:00 horas no Panteón de Galegos Ilustres, con lectura de poemas rosalianos e música a cargo de Carapaus e UXÍA & JAVIER RUIBAL. Posteriormente, no claustro do Museo do Pobo Galego, degustaremos o Caldo de Gloria co cociñeiro Iago Pazos; unha iniciativa inspirada no poema Miña casiña, meu lar no que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia.