Presentación do documental "A luz das ánimas"

Submitted by xestor on Fri, 01/30/2026 - 10:07
26
Feb
2026
Presentación do documental "A luz das ánimas"
Imaxe
Documental "A luz das ánimas"

O vindeiro xoves, 26 de febreiro, ás 19:00h,  terá lugar no Auditorio do Museo do Pobo Galego a presentación do documental A luz das ánimas, dirixido por Sergio Santos Otero e producido por Lembrame.gal, que propón unha viaxe fascinante ás profundidades da cultura galega para descubrir os petos de ánimas, eses pequenos altares que salpican as paisaxes e camiños.
 
A través dos ollos dun historiador, un xornalista, un investigador e unha restauradora, o filme revela non só a historia, o significado e a función destes elementos do noso patrimonio, senón tamén o seu papel como testemuñas vivas da fe, a memoria e a devoción popular.
 
A proxección estará seguida dun coloquio co público.