Presentación do libro "Levantar a paletilla caída. Medicina integrada na tradición galega", de Lidia Mariño Ventoso

Submitted by xestor on Tue, 12/30/2025 - 13:55
13
Jan
2026
Presentación do libro "Levantar a paletilla caída. Medicina integrada na tradición galega", de Lidia Mariño Ventoso
Imaxe
Presentación do libro "Levantar a paletilla caída. Medicina integrada na tradición galega", de Lidia Mariño Ventoso.

Levantar a paletilla caída. Medicina integrada na tradición galega xorde de preguntas que levan anos sendo pronunciadas no eido da medicina tradicional galega: "Que é a paletilla? Que é iso de ter a paletilla abaixa? É un óso? É algo que sae fóra do sitio?"

Lidia Mariño Ventoso, fisioterapeuta e antropóloga, ademais de neta e bisneta de levantadores de paletilla, convida a unha reflexión sobre o estado actual da medicina, os seus baleiros e como axudar a enchelos volvendo a ollada a outras formas de entender a saúde. A partir de lembranzas da infancia e de entrevistas aos practicantes deste ritual, a autora lévanos da man polos camiños da mitoloxía, da medicina e a espiritualidade. Un libro publicado pola Fundación Vicente Risco a través do selo editorial Dr. Alveiros.

O acto de presentación, o martes, 13 de xaneiro, ás 19:00 horas, contará coa participación de Lidia Mariño Ventoso, autora do libro; Elvira Carregado Pazos, presidenta da Fundación Vicente Risco; e Concha Losada Vázquez, presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego.