Presentación do libro "Kuna Art Guna Art: The Remarkable Early Creations of a Central American Indigenous Culture"

Submitted by xestor on Tue, 12/30/2025 - 13:51
08
Jan
2026
Presentación do libro "Kuna Art Guna Art: The Remarkable Early Creations of a Central American Indigenous Culture"
Imaxe
Presentación do libro "Kuna Art Guna Art: The Remarkable Early Creations of a Central American Indigenous Culture"

O vindeiro xoves, 8 de xaneiro, ás 19 horas, o Museo do Pobo Galego acolle a presentación do libro Kuna Art Guna Art: The Remarkable Early Creations of a Central American Indigenous Culture.

A publicación afonda nas coleccións artísticas, artefactos e medicinas da cultura Guna de Panamá, dando conta da visión íntima da creatividade e a cosmovisión deste pobo indíxena centroamericano.

Trátase dunha obra colectiva, froito da colaboración entre Thomas Hannaher e membros da comunidade Guna, entre os que se atopan o antropólogo, historiador e escritor Cebaldo De León Smith Inawinapi, a historiadora Briseida Iglesias, a activista cultural Agar Tejada e o historiador Charles Arias.

Kuna Art Guna Art será presentado no Museo do Pobo Galego polo antropólogo Xerardo Pereiro e polo coautor do libro Cebaldo de León.