Presentación do libro "Terra de sacrificio", de Suso de Toro

Submitted by xestor on Thu, 10/30/2025 - 10:54
25
Nov
2025
Presentación do libro "Terra de sacrificio", de Suso de Toro
Imaxe
Presentación do libro "Terra de sacrificio", de Suso de Toro

O último martes de novembro terá lugar no Museo a presentación da última novela de Suso de Toro. Unha obra que ensaia unha nova e polémica interpretación da historia recente de Galicia, consegue xuntar as personaxes de Ramón Piñeiro e de Castelao coa intención de que afronten a verdade do que ocorreu cando o mozo Ramón Piñeiro non agardou por Castelao en París.

Un "relato esclarecedor dun momento crucial da nosa historia", en palabras da editorial, que procura "unha reivindicación do que puido ser e do que aínda pode ser e unha rebelión contra o designio de que sexamos Terra de sacrificio".