O venres, 31 de outubro, ás 18:00 horas, o Museo acolle o Encontro Virtualizando o Edificio Castromil 50 anos despois da súa demolición. No marco do proxecto Arquitectura soñadas. Proyectos fallidos y pensamiento utópico en la historia de la arquitectura en Galicia de ARSOGAL e a partir do traballo conxunto do grupo de Investigación e desenvolvemento en Artes e Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela e o Centro Infográfico Avanzado de Galicia (CIAG), elaborouse unha virtualización 3D do Edificio Castromil en Santiago de Compostela que mostra o edificio desaparecido e mais o anteproxecto de rehabilitación proposto no seu momento polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e nunca realizado. O Encontro quere dar a coñecer este anteproxecto da man de tres dos cinco arquitectos que o asinaron, para afondar no autocoñecemento da cidadanía de Compostela da súa historia recente.