O Museo do Pobo Galego participará na xornada A sustentabilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia, organizada pola Unión de Consumidores de Galicia e a Confederación ConsumES, co apoio da Xunta de Galicia. A xornada terá lugar o mércores, 15 de outubro, de 10:00 a 13:30 horas no Hotel Aurea Palacio de Sober (Lugo). O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas especializadas, arredor do termo “turismofobia”: que significa, cal é o seu alcance real, como se mide e como é tratado desde a análise académica, a xestión pública, o sector e a comunicación.
O director do Museo do Pobo Lois Ladra participará na mesa redonda Radiografía da turismofobia: quen di que e por que?, que afondará na orixe do termo e na configuración dos seus discursos, identificando actores, motivacións e canles de difusión.