Homenaxe ao fotógrafo histórico Tino Martínez

Submitted by xestor on Mon, 09/29/2025 - 16:32
02
Oct
2025
Homenaxe ao fotógrafo histórico Tino Martínez
Imaxe
Homenaxe Luis Ksado

O xoves, 2 de outubro, ás 19:00 horas, terá lugar no Museo do Pobo Galego a homenaxe ao fotógrafo histórico Tino Martínez,. No acto intervirán Natividade González, deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago de Compostela, María Xosé Fernández Cerviño, vicepresidenta do Padroado do Museo, e Carlos Castelao, fotohistoriador. A mesa redonda estará moderada polo fotógrafo Xurxo Lobato.

O acto forma parte da programación artellada ao redor do XIX Premio Luís Ksado, convocado pola Deputación da Coruña e comisariado polo fotógrafo Xurxo Lobato.