Encontro Galeusca 2025

Submitted by xestor on Thu, 09/18/2025 - 07:24
20
Sep
2025
Tipo evento
O Museo acolle
Encontro Galeusca 2025
Imaxe
Encontro Galeusca 2025

O sábado, 20 de setembro, a partir das 11:00 horas, o Museo do Pobo Galego acolle o Encontro Galeusca 2025, organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), coa participación da Associació d’Escriptors en Llengua Catalana (AELC) e da Euskal Idazleen Elkartea (EIE) e co apoio de CEDRO, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago. A Federación Galeusca, fundada formalmente en 2008 e con precedentes de encontros anuais históricos dende 1984, representa 2800 autoras e autores, tanto escritoras/es como tradutoras/es.

Neste espazo de diálogo poñeranse en común perspectivas sobre a creación escrita nos nosos tres sistemas literarios recuperando e ampliando, deste xeito, os vínculos e as reflexións conxuntas levadas a cabo en anteriores encontros, centrándose, neste caso, en aspectos como o impacto da Intelixencia Artificial desde a perspectiva das linguas e literaturas minorizadas ou a literatura de tradición oral. 

Para máis información e consultar o programa completo, na web da AELG.