Programa escolar para o curso 2025/26

Tipo nova
DEAC
Programa escolar para o curso 2025/26
Imaxe
Programa escolar MPG

Xa está dispoñible o programa de actividades e obradoiros didácticos do DEAC para o curso escolar 2025/2026. 

Propostas para Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato que terán como eixo a poesía popular oral, o Entroido e o centenario da redención dos Foros. Entre elas, xogos cantados, paseos sonoros, actividades de descuberta, narración oral ou visitas comentadas e creativas. Tamén, unha nova edición da MICE Petís, con proxeccións de cinema etnográfico no Museo e caderniños didácticos para poder traballar os contidos das salas nos centros escolares.

Poden consultarse os programas ao completo, coas datas específicas das actividades e os prezos, nestas ligazóns:

Programa escolar. Infantil e Primaria

Programa escolar. Secundaria e Bacharelato

Para as visitas dos Ciclos Formativos ou Universidade podedes pórvos en contacto con nós no correo electrónico para concretar e adecuar as vosas necesidades.

Reserva de actividades a través deste formulario.

Máis información, no enderezo servizosdeac@museodopobo.gal.