Concerto de Raigañas

Submitted by xestor on Mon, 08/25/2025 - 11:36
13
Sep
2025
Concerto de Raigañas
Imaxe
Concerto de Raigañas

O sábado, 13 de setembro, ás 12:30 horas, o Museo do Pobo Galego acollerá unha actuación do grupo de pandeireteiras Raigañas, que terá lugar no xardín do Claustro. En caso de choiva, o concerto trasladarase ao Auditorio do Museo do Pobo Galego.

O grupo de Pandeireteiras Raigañas naceu en 1994 dentro do seo da Asociación Xuvenil Raigañas, colectivo cultural fundado en 1979 na parroquia de Cerqueda (Malpica de Bergantiños), co obxectivo de recoller e conservar música popular, máis concretamente o legado musical bergantiñán. Fórmano as pandeireteiras Olaya García, Sofía Vila, Helena Sanmamede, Susana Suárez, Ana Abelenda, Andrea Souto, Raquel Uxía Lema, Rosario Álvarez, Carme Álvarez, Uxía Corral e Mar Suárez. Dirixe o grupo Sonia Reborido. 

Na súa traxectoria, publicaron un disco, Baila que podes bailare, e acadaron diversos premios pola súa calidade musical e o seu labor de conservación do patrimonio musical. Ademais, participaron en diversas iniciativas, como o Proxecto Somos Pandeireteiras, de Mercedes Peón.

A entrada é libre até completar capacidade.

Esta proposta fai parte da programación do Museo do Pobo Galego ao redor das Letras Galegas 2025.