"Historias de ida e volta". O Festival Atlántica no Museo

Submitted by xestor on Wed, 06/25/2025 - 16:20
05
Jul
2025
"Historias de ida e volta". O Festival Atlántica no Museo
Imaxe
Historias de ida e volta

No marco da programación infantil e familiar do Festival Atlántica o Xardín do Claustro do Museo do Pobo Galego acollerá o sábado, 5 de xullo, ás 12:30 horas, o espectáculo Historias de ida e volta coa actriz e titiriteira Larraitz Urruzola, para persoas adultas e crianzas a partir dos 5 anos. A entrada é de balde e a función será en galego.

Neste repertorio Larraitz compartirá historias que foi descubrindo no seu percorrido vital entre a súa Euskal Herria natal e Galiza. Un paseo emocional de ida e volta con cosmovisión feminista. Contos populares, mitoloxía e tradicións de ambas identidades culturais.

En caso de choiva, a actividade trasladarase ao Auditorio do Museo do Pobo Galego. 

Máis información, na web do festival.