"Como dicía Castelao": lectura pública de textos no 75 cabodano do autor

Submitted by xestor on Wed, 06/25/2025 - 15:16
01
Jul
2025
"Como dicía Castelao": lectura pública de textos no 75 cabodano do autor
Imaxe
Lectura textos Castelao

O martes, 1 de xullo, no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres terá lugar unha homenaxe moi especial para dar voz á obra de Castelao. O Museo do Pobo Galego colabora neste evento, enmarcado na XIII edición do Festival Atlántica, de narración oral. Como dicía Castelao ten como obxectivo dar voz á obra de Castelao durante unha maratón de lectura na que, durante oito horas (cunha pequena pausa técnica), 75 voces lerán ou narrarán 75 textos da obra do autor. A súa palabra, sempre lúcida, combativa e fondamente humana, seguirá viva nas mans e na voz do noso pobo. Como dicía Castelao, as ideas non se matan.

Como participar?

  • Para participar na lectura, é preciso inscribirse e escoller un dos textos que preparados pola organización ou propoñer un. Non é necesario ser especialista, só ter ganas de compartir e sentir. 
  • Para participar escoitando, o acceso é libre, o tempo que cadaquén desexe. 
  • Para colaborar dunha maneira máis activa e formar parte do corpo de garda-escoita, para asegurar que nunca falte público neste acto colectivo, é preciso inscribirse, a través deste formulario. 

Máis información: https://festivalatlantica.gal/como-dicia-castelao/

Ás 11:30 horas será a inauguración e as lecturas institucionais, nas que tamén participará o Museo do Pobo Galego, a través da vicepresidenta do Padroado, María Xosé Fernández Cerviño.

A partir das 12:30 h comezan as lecturas da cidadanía. O acto rematará cun concerto das Bouba no Xardín do CSC de Maruxa Coralia.

O acto está patrocinado pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago, coa colaboración do Arcebispado de Santiago de Compostela, a Fundación Castelao e o Museo do Pobo Galego.

Animamos a todas as persoas que o desexen a incribirse nesta iniciativa de homenaxe a Castelao, para que a súa obra e pensamento se manteña vivo nas voces do pobo.