Concerto das Bouba

Submitted by xestor on Tue, 05/27/2025 - 10:48
14
Jun
2025
Concerto das Bouba
Imaxe
Concerto das Bouba

O sábado, 14 de xuño, ás 12:30 horas, terá lugar no Xardín do Claustro o concerto das Bouba, o grupo de pandeireteiras integrado por María, Carme e Uxía da Pontragha e Maca do Pinheiro, que traerán o seu traballo Termando os Marcos.

As Bouba defínense como "herdeiras e transmisoras da cultura do país e da festa ben feita" e co seu novo disco resitúanse, nas súas propias palabras, "na aldea que nos pariu, a que nos dou o nome e nos mostrou que sen nós non había futuro", para crear algo novo, pequeno, local e desde as marxes.

A entrada é libre até completar capacidade. En caso de choiva, o concerto trasladarase ao Auditorio do Museo do Pobo Galego.

Esta proposta fai parte da programación do Museo do Pobo Galego ao redor das Letras Galegas 2025.