Presentación do libro "Moncho Reboiras. Símbolo da Galiza que loita"

Submitted by xestor on Wed, 05/21/2025 - 11:33
22
May
2025
Presentación do libro "Moncho Reboiras. Símbolo da Galiza que loita"
Imaxe
Presentación libro Moncho Reboiras

O xoves 22, ás 19 horas, acollemos a presentación do libro coral Moncho Reboiras. Símbolo da Galiza que loita.

Esta publicación forma parte dun conxunto de actividades impulsadas pola Fundación Moncho Reboiras, Fundación Galiza Sempre e a Fundación Terra e Tempo, co obxecto de homenaxear, dar a coñecer e popularizar na sociedade galega a figura de Moncho Reboiras, no 50 aniversario do seu asasinato pola ditadura franquista.

Todos os textos que aparecen neste libro son obra de persoas que compartiron con el militancia e ideario nacionalista, no fin da ditadura franquista.