Obradoiro "Prende no colo"

Submitted by xestor on Tue, 04/29/2025 - 19:15
08
May
2025
Obradoiro "Prende no colo"
Imaxe
Obradoiro "Prende no colo"

O xoves, 8 de maio, ás 17 horas, celebraremos o obradoiro Prende no colo. Unha proposta didáctica para pais e nais con crianzas de 0 a 3 anos, no que achegar material da nosa tradición oral, da nosa lingua e da nosa música, para poder utilizar co e coas máis pequenas da familia.

Pais, nais ou familiares acompañantes poderán pór en práctica coas crianzas arrolos; cantos para nomear as diferentes partes do corpo; xogos cos dedos da man; cantigas e recitados para aloumiñar, xogos no colo, números, letras, animais; contiños ou xogos en movemento.

O obradoiro estará dirixido por Luís Prego. El é recompilador, músico, bailador, estudoso e investigador, tamén autor do libro Xogos bailados e Xogos musicais, que achegan coñecementos lúdicos e didácticos para a aprendizaxe das nenas e nenos. 

A actividade, duns 45 minutos de duración, é de balde para menores de idade, persoas socias ou desempregadas e terá un custo de 3€ para o resto. Inscricións até o 7 de maio en servizosdeac@museodopobo.gal.

O obradoiro forma parte da programación artellada polo Museo do Pobo Galego ao redor das Letras Galegas 2025.

Cartel Prende no colo