Cantigas sobre o amor e as súas circunstancias

Cantigas sobre o amor e as súas circunstancias

Moi vinculado ó grupo anterior está un segundo grupo de cancións nas que os cantores e cantoras expresan os comunicados líricos máis diversos sobre os amores primeiros, os amores firmes e verdadeiros, os amores circunstanciais e as súas circunstancias xeradas: encontros, solicitudes e requirimentos, piropos, queixas, esperas, despedidas, ausencias, recordos, etc.

Aínda que se produciron grandes cambios nas relacións sociais e as novas tecnoloxías invitan a novos modelos estas cancións seguen cumprindo a  funcións para a que foron creadas en moi diversos actos sociais.

Algúns destes cantares sería factible clasificalos entre os xéneros estudados nesta escolma, non obstante, conforman un grupo moi definido de cancións asociadas a estas reunións festivas das familias e dos amigos na casa, nas romarías, nas viaxes ou na taberna.